1. Busca en Internet a táboa de códigos ASCII e escribe utilizando dito código as seguintes palabras: mouse, Santome, ESO ¿Cantos bytes ten cada palabra? ¿E cantos bits?
mouse: 01101101 01101111 01110101 01110011 01100101 (bytes: 5/ bits: 40)
Santome: 01010011 01100001 01101110 01110100 01101111 01101101 01100101 (bytes: 7/ bites: 56)
ESO: 01000101 01010011 01001111(bytes: 3/ bits: 24)
2. Se un CD-ROM ten unha capacidade de 700 MB, ¿de cantos bytes dispón?
Dispón de 734003200 bytes
3. Se o disco duro dun ordenador ten unha capacidade de 80 GB, ¿cantos CD-ROM de información caberían dentro do mesmo?
Aproximadamente 117 CD-ROM.
4. Busca a capacidade en GB do ordenador que estás utilizando, e comproba canto espazo libre ten.
Disco duro de 160 GB con 153 GB libres.
5. Enumera os tres compoñentes dun sistema informático, indicando en que consiste cada un deles.
- Hardware: É o conxunto de compoñentes físicas do ordenador
(informalmente trátase de todas as partes do ordenador que poden ser
tocadas coas mans).
- Software: É o conxunto de compoñentes lóxicos do ordenador. Son os programas que utiliza o ordenador para tratar a información. Isto inclúe dende os programas de control e o Sistema Operativo ata os programas de aplicacións máis sofisticadas.
- Usuario: Un sistema informático necesita da nosa intervención para a organización e planificación das tarefas.
É o corazón do ordenador. No procesador realízanse todas e cada unha das tarefas que os programas ordenan cumprir.
Ten dúas partes: a unidade aritmético-lóxica (que realiza tódolos procesos) e a unidade de control que se encarga de seleccionar as instrucións que se deben executar, proporcionar os datos axeitados á unidade aritmético-lóxica, e enviar sinais de control a tódolos dispositivos que interveñan no proceso para que este se realice axeitadamente.
Os fabricantes de procesadores mais coñecidos son Intel, AMD, IBM, Apple, Cyrix e Motorola.
O tipo de procesador é Intel(R) Core(TM)2 CPU e a velocidade, 1.86GHz
7. ¿Qué diferenza existe entre a memoria RAM e a ROM? Indica a memoria RAM que ten o ordenador que estás utilizando.
- Memoria R.A.M. (Random Acces Memory) Contén os programas que o usuario estea executando no ordenador así como os datos necesarios para que estes programas funcionen. O ordenador pode ler, modificar e borrar o contido desta memoria. Trátase dunha memoria volátil, é dicir, o seu contido desaparece ó apagar o ordenador
- Memoria R.O.M. (Read Only Memory) Contén os programas necesarios para que o ordenador poida arrancar e detectar os dispositivos imprescindibles para o seu funcionamento. O ordenador pode ler o seu contido pero non pode modificalo nin borralo. Trátase dunha memoria permanente: o seu contido non desaparece ó apagar o ordenador.
Tamaño da memoria R.A.M do ordenador, 1019MiB.
8. Se unha memoria USB dispón de 4 GB de capacidade, e temos fotografías dixitais de 2 MB cada unha, ¿Saberías calcular cantas fotografías poderíamos almacenar en dita memoria?
Poderíamos almacenar 2048 fotos.
9. Indica o nome dos catro tipos de portos que podes atopar nun ordenador, establecendo que función poden levar a cabo cada un deles.
- Portos serie ou portos COM: tradicionalmente serven para conectar teclados, ratos, modems, etc. Están actualmente en desuso.
- Portos paralelo: Usados para a conexión de impresoras e scaners. Está sendo substituído polo USB.
- Portos PS2: usados para a conexión de ratos e teclados nos ordenadores, antes de que se fixera xeneralizado o uso do USB.
- Portos USB: Tradicionais nos ordenadores Apple, o seu uso foise estendendo nos PC, hoxe en día a gran maioría dos periféricos usan este tipo de portos.
10. Clasifica os seguintes periféricos segundo sexan de entrada, de saída ou de entrada-saída: monitor, scáner, modem ADSL, teclado, altofalante, micrófono, impresora, rato.
Monitor: saída
Escáner: entrada
Modem ADSL: entrada-saída
Teclado: entrada
Altofalante: saída
Micrófono: entrada
Impresora: saída
Rato: entrada
11. Busca en Internet fotografías de cada un dos seguintes elementos:
a. CPU Intel Dual Core
b. Memoria RAM
c. Memoria ROM-Bios
d. Tarxeta gráfica AGP
e. Fonte de alimentación
f. Placa Base
g. Disco duro
h. Unidade reprodutora DVD
i. Tarxeta MicroSD
j. Teclado
k. Impresora Láser
12. ¿Qué é o SO? Escribe o nome do SO que tes no teu equipo. ¿Que diferenza principal hai entre Linux e os outros SO?
O conxunto de programas necesarios para que o usuario poida controlar tódolos dispositivos do ordenador. SO do meu equipo: Linux-Ubuntu.
É un SO gratuito, froito da colaboración desinteresada de miles de programadores e que se presenta como alternativa os tradicionais Windows e Mac OS.
13. Investiga que é a licenza GNU_GPL. Busca polo menos 5 programas software que teñan licenza GNU-GPL e describe o seu uso.
É a licenza máis ampliamente usada no mundo do software e garantiza aos usuarios finais a liberdade de usar, estudiar, compartir (copiar) e modificar o software
Programas software:
-GIMP: Editor gráfico, moi potente, e con moitas capacidades, pódense obter grandes resultados cun pouco de empeño.
-Notepad++: É unha ferramenta indispensableque se pode instalar, en todos os equipos , xa que le texto en practicamente, calquera formato, e detecta palabras reservadas de multiples linguaxes de programación, e de etiquetas.
-Eclipse: É unha ferramenta boa para os programas Xava, moi útil, consome quizá moitos recursos, pero os resultados e os seus complementos fana moi útil para o desenvolvemento de aplicacións de todo tipo.
-Videloan VLC mediaplayer: O reprodutor por excelencia, potente , rápido e baixo consumo, e cada día podes descubirr unha nova funcionalidade.
-Ubuntu Linux: O sistema operativo de Linux, máis empregado e próximo para o usuario habituado a Windows. É moi completo, e cunhas poucas indicacións, pode substituír ao Windows XP.











No hay comentarios:
Publicar un comentario